ceibes.org

ceibe -aadx. Que non está prisioneiro, que non está baixo o dominio de ninguén. Os culpables andan ceibes. SIN. solto. Animais ceibes. SIN. solto. Un país ceibe da opresión. SIN. libre. OBS. A forma ceibe é invariable no xénero.
Grupos de Usuarios de Software Ceibe da Galiza Pero... Qué é todo isto do Software Ceibe?

O 10 de Setembro celébrase na Galiza e no Mundo o Día Internacional do Software Ceibe, promovido por SoftwareFreedomDay.org, apoiado pola Free Software Foundation e varias outras organizazóns, e levado a cabo por milleiros de voluntarios en todo o planeta.

"Software Ceibe", ou "Software Libre", é un concepto amplo que no seu aspecto mais sinxelo se refire a programas de ordenador nos que o usuario ten as liberdades de:

  1. Uso: sen distinzóns de persoa e propósito.
  2. Modificazón: o poder facer cambios sobre o programa, mesmo a crear programas novos a partir do orixinal, ou a incluír partes dun programa noutro, e facer estes cambios públicos.
  3. Copia: sen restriczóns en canto a número, forma ou medio, de balde ou por un prezo.

Ademais, o Software Ceibe incorpora o conceito de "copyleft" ("copiceibe"), que esixe que calquera programa derivado dun programa ceibe sexa, á súa vez, tamén ceibe.

Anque o primeiro grande proxecto de Software Ceibe data do 1983, é dende o ano 2000 que ven tendo un auxe importante fronte a alternativas tradicionais ("privativas"). Programas coma o navegador Mozilla Firefox, o entorno de oficina OpenOffice ou o sistema operante GNU/Linux son exemplos.

En lugares dispares e numerosos de todo o mundo, governos, particulares, empresas, escolas e universidades están a descubrir que o Software Ceibe é unha alternativa sólida, fiable, económica e socialmente xusta. Como mostra están as experiencias da India, Alemaña, Francia, China ou, dun xeito moi salientable, o Brasil e Extremadura.

Software Ceibe ou morte I want YOU no Software Ceibe

O Software Ceibe dá lugar a comunidades de usuarios e desenvolvedores, onde a interacción entre as persoas que usan os programas e as que as fan é contínua e enriquecedora. O modelo de creazón de novos programas basease na cooperazón e compartizón de coñecementos, e o modelo de uso na axuda e exploración mútuas das posibilidades do software.

Na Galiza existen varias destas comunidades, cada unha co seu estilo e o seu ámbito de acción. As mais coñecidas son: AGNIX (Galiza), GALPon (Pontevedra), GLUG (Galiza), GPUL (A Coruña), GULO (Ourense) e Inestable (Ordes). Calquera delas é un grupo aberto a respostar dúbidas, proporcionar axuda e desenvolver iniciativas relacionadas co Software Ceibe. Como órgano de coordenazón entre asociazóns (normalmente chamadas de xeito xenérico GUGLs -- Grupos de Usuarios de GNU/Linux) existe a LiGa.

O Software Ceibe ámate Un pequeno paso para o software, mais un salto de xigante para a liberdade

Supoñemos que estarás a te preguntar quén diaños é o personaxe que aparece en todas estas pegatinas. Trátase de Richard M. Stallman, ideólogo e fundador da Free Software Foundation e do Proxecto GNU. Anque existen casos de Software Ceibe anteriores, e existen tamén ideoloxías diferentes á súa, é un personaxe siñificativo que sentou as bases do Software Ceibe tal e como o coñecemos.

Poñelo na situazón destes personaxes históricos é a nosa forma de rendirlle unha pequena homenaxe e, á vez, rírmonos un pouco. Porque o Software Ceibe é algo festivo e humano que trata, sobre todo, da felicidade das persoas.

Foron deseñadas pra seren pegatinas. Se che gustan, podes descarregar un documento PDF con todas elas. Podes levalo a que cho impriman en papel autocolante (ou facelo tí na casa), e empapelar o teu traballo/universidade/escola/vecindario con elas.

Sobor desta páxina

Ceibes.org será nun futuro próximo unha plataforma de novas, debate e creazón para o concepto mais amplo da Cultura Ceibe, que extende o modelo do Software a outros ámbitos da informazón (música, cinema, literatura, grafismo...). No entanto, nebargantes, serve como plataforma pra celebrarmos o Día Internacional do Software Ceibe.

Se queres manterte informado, ou tes dúbidas dalgún tipo, non dubides en te poñer en contacto connosco a traveso do enderezo de correo electrónico info [@] ceibes.org (sácalle os espazos e os corchetes).

Deixámosche aquí tamén unha lista de enlaces de interese:

copyleft (c) 2005 gatonegro deseño - CSS e HTML 4.01 válidos